Tuesday 14 de May de 2024

‘A cantar con María Fumaça’ transforma a casa da cultura de Ordes nunha gran festa infantil


O espectáculo ‘A cantar con María Fumaça’ convirtiuse nunha gran festa de música e de baile na que decenas de nenos, nenas e maiores non deixaron de entonar os temas e bailar. A cita foi no auditorio da casa da cultura e nela actuou a cantante Uxía, acompañada por Santiago Cribeiro (acordeón) e por Héctor Lorenzo (guitarra e voz).

‘A cantar con María Fumaça’ englóbase dentro do programa Nadal en Rede, promovido pola Rede de Dinamización Lingüística a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Ordes.